DÍA 6
Boas noites lectoras e lectores, como podedes ver o sol volveu acompañarnos no día de hoxe.
Estamos de volta para contarvos como vai todo, aínda que xa vos adianto que de marabilla!
Na mañá de hoxe, todos os grupos de actividade baixaron ata Area dos Cans para desfrutar do bo tempo todas/os xuntas/os.
Como o día de hoxe non estaba para menos, participantes e monis comemos na praia de bocata. E para rematar este día de 10, tomamos un xeado!!
Ao rematar, subimos ao campamento onde tomamos a merenda e onde xogamos ó Pichi Ball, un xogo que se asemella bastante ó baseball.
Hoxe tivemos unha velada ninja, onde os/as participantes amosaron as súas destrezas conseguindo o total das estrelas ninja!
E para rematar este día de 10, na noite de hoxe tivemos a sorte de contar con Jesús, un astrónomo que nos contou moitas curiosidades sobre a lúa e as estrelas.
Tamén puidemos ver polo seu telescópio á lúa, a cal parecía que estaba ao noso lado!
Así rematamos este día completiño.
Ata mañá
SaluÓNS






Comentarios
Publicar un comentario