DÍA 5

 


Benvidas e benvidos un día máis ó blog!


Hoxe comezaron as segundas rotacións das actividades do campa. Isto que quere dicir..? Que xa queda menos para volver a casa... a verdade que por aquí estase de marabilla e parece que non hai moitas ganas de marchar...


O grupo das Chalanas comezou a mañá coa actividade de Paddle Surf! Desta volta xa son uns expertos e manexanse xenial na taboa.




En aula natureza, o grupo das Dornas tivo a primeira rotación de Intermarel, aprendendo esta vez sobre a fauna que habita na illa.




E aínda sobroulles tempo para dar un chapuzón nas pozas que saíron ao baixar a marea.



As Traineras pasaron a mañá na auga xunto coas Chalanas, pero estes en kaiak. Como tamén foi a súa segunda rotación aproveitaron e saíron á auga a facer unha pequena ruta e xogos na auga.


Pola tarde, os tres grupos saíron a facer unha ruta GPS con probas pola parte sur da illa. Ao chegar ao fin da ruta aproveitamos para tomar a merenda coas marabillosas vistas a Onza








Para a segunda parte da tarde, tivemos gran xogo!




Despedímonos por hoxe

Ata mañá

SaludÓNS



Comentarios