DÍA 3
Boas noites!
No día de hoxe despertamos cun día maravilloso onde o sol foi o protagonista!
O grupo das Chalanas convertiuse en científicos por unha mañá, levando a cabo de primeira man uns experimentos chulísimos!
Mentres tanto as Dornas pasou a mañá na praia facendo kaiak, onde ao ser a súa primeira rotación tiveron unha explicación teórica sobre como remar ou como suxeitar o remo.
Quen sabe se grazas ao campamento xorde o/a seguinte campión/a olímpico/a de kaiak?
Pola tarde as Chalanas tiveron Snorkel, onde tras botar unha ollada no fondo mariño da praia de Pereiró e descubrir especies descoñecidas para os/as participantes, un dos nosos monitores perdeu as chanclas!
Mentres que o grupo das Dornas tivo esta tarde Aula Natureza, onde de camiño ao Burato do Inferno, aprenderon cousas moi interesantes sobre a flora da Illa de Ons.
Así mesmo, as Traineras tiveron rotación de Tiro con Arco aprendendo a manexarlo e a apuntar coma a mismísima Brave!
Na segunda metade da tarde tivemos o ULTIMATE! Un xogo por equipos onde a finalidade é a cooperación aínda que tamén a oposición.
Na velada de hoxe tivemos... shhhh SILENCIO!
Así remata o día de hoxe
Agardamos os vosos comentarios
SaludÓNS
















Comentarios
Publicar un comentario