
Boas noites!
No día de hoxe comezamos coas rotacións das actividades do campamento.
O grupo das "Chalanas" puido desfrutar pola mañá de paddle, onde os/as monis deron unha explicación teórica das partes da taboa e de como manexarse con ela.
Mentres, o grupo das "Traineras" desfrutou de kaiak, onde tiveron as primeiras tomas de contacto tanto a nivel técnico como práctico.
O grupo das "Dornas" quedou no campa facendo diverciencia! Nesta actividade os/as acampados/as levaron a cabo un montón de experimentos como: líquido no newtoniano, o ovo que rebota ou apagar unha vela sen soprar.
Coa barriga chea, despois dunha deliciosa comida, e de bailes para activarnos... chegaron as actividades da tarde!
Na primeira parte, as Chalanas tiveron tiro con arco, onde aprenderon a sexeitalo e a apuntar para poder dar na diana!
O grupo das Dornas foi a snorkel, onde atoparon una posta de babosa xigante!
E por último, o grupo das Traineras fixo unha pequena ruta ata chegar o "Burato do Inferno" onde aprenderon a súa historia e o por que dese nome tan característico.
Na segunda metade da tarde xuntamos aos tres grupos para baixar á praia de Pereiró e facer actividades na praia.
Para a velada de hoxe tivemos uns invitados moi especiais: o Capitán Garfio e o Capitán Pescanova!
Despedímonos ata mañá!
Esperamos os vosos comentarios
SaludÓNS
Buenas! soy la mama de Yun y Maina, estoy llamando al movil que habeis dejado el 644230346 y nadie me coge el telefono... Mis hijos no tienen movil , como hago para hablar con ellos?
ResponderEliminarBuenos días, este mediodía nos pondremos en contacto contigo. Disculpa las molestias. Un saludo
EliminarQ divertido!!, seguro q se lo están pasando muy bien!!!
ResponderEliminar