DÍA 1

Bos días a todos e a todas! 

Xa estamos instalados/as na marabillosa illa de Ons!

Depois de despedirnos no peirao de Bueu, embarcamos na naviera direción a illa de Ons. A viaxe for tranquila, monis e participantes aproveitaron o traxecto para ir coñecéndose e empezar a crear as primeiras amizades.

Ao chegar a Ons, puxemos rumbo ao campa onde, unha vez alí, dividíronnos en grupos e uns fomos a comer mentres que os demáis compañeiros organizabas as maletas nas tendas

Unha vez todos os acampados/as remataron a comida. Tivemos unha reunión coa directora e o equipo de monis para presentarnos e establecer as normas do campa.



Unha vez rematada, fixemos xogos de presentación onde participantes e monitores aprenderon os nomes de todos.




A continuación, puxemos en práctica o simulacro de incendios e unha vez realizado, continuamos a tarde coa proba de natación (destacar por certo, a destreza dos nosos nenos e nenas na auga!). Unha vez rematada dita proba, aproveitamos que o tempo acompañaba e merendamos e xogamos na praia todos xuntos.




Ao volver da praia fomos directos ás duchas, para despois cear e coller forzas para a última actividade do día: a velada! 
Para a primeira velada fixemos un bingo, onde os participantes tiñan que buscar a compañeiros que cumprisen certos requisitos como: saber bailar unha muiñeira ou saber cantar. A nosa parte favorita foi a demostración final onde todos puideron demostrar os seus talentos.




Así remata o noso primeiro día desta aventura que só acaba de comezar!

Seguiremos informando, cambio e corto!



Comentarios